A ollada dilúese no vidro
onde pupilas dilatadas bailan nas pingas da choiva
que distraen ó viaxeiro do amor.
Non entendo,
non,
os meus actos, nin o meu corpo,
que non é meu xa,
nen seu.
Véxome e non me recoñezo,
non,
non me entendo, nin me sinto,
no meu mesmo eu,
non seu.
Unha imaxe devolta no envés do ceo
resulta irrecoñecible multiplicada por mil cincocentas dúas vecesque contei como uvas maduras.
Acepto o reto,
e non,
a miña vida en xogo, os meus sentimentos,
o meu todo eu,
non seu.
Dígome se a hora é chegada
ou non,
cando a dúbida esculca
no meu eu,
non seu.
Unha sombra cruza a porta do abismo
tranquilizadora coma un retorno ó fogar de un
que se agarda calmo e tenro.
Afronto a realidade,
ou non,
da vida que nace nova
no meu eu,
casi que seu.
Quero crer en todo isto,
ou non,
pois que o aramado está roto
ante meu eu
xa seu.